1.Cristo non ten mans, só ten as nosas mans,
Para facer hoxe o traballo Cristo non ten mans. (bis todo)
NÓS SOMOS O EVANXEO QUE O POBO LE
AÍNDA SOMOS MENSAXE DE DEUS
O LIBRO ABERTO DA BIBLIA.
SE LLES PRESTAMOS AS MÁNS
NAS NOITES E MAILOS DÍAS
SEREMOS SEMPRE COMA EL
CAMIÑO, VERDADE E VIDA.
2.Cristo non ten pés, só ten os nosos pés,
Para guiar o mundo enteiro, Cristo non ten pés. (bis todo)
3.Cristo non ten beizos, só ten os nosos beizos,
Para falarlle hoxe ás xentes, Cristo non ten beizos. (bis todo)