1. Unidos moitos grans nun pan enteiro
iremos aprendendo a sela unida
Cidade que Deus quere, o pobo inmenso
dos fillos convocados para a vida.
DÁNO-LA TÚA VIDA, DÁNOLO TEU AMOR (BIS)
2. Premidas moitas uvas nun só viño,
Serémo-la bebida que degoran
Os pobres, os privados de agarimo,
Aqueles que ó final han vir ás vodas.
DÁNO-LA TÚA VIDA, DÁNOLO TEU AMOR (BIS)
3. O pan de que carecen, por nós chama;
O viño que lles falta, nos convida
A sermos por Ti, Cristo, fiel palabra,
O viño e mailo pan de cada día.
DÁNO-LA TÚA VIDA, DÁNOLO TEU AMOR (BIS)
4. Unidos ó facer de Ti memoria
Co xesto dunhas mans que deitan vida,
O Reino vai entrando xa na Historia:
¡Fraterna e subversiva Eucaristía!
DÁNO-LA TÚA VIDA, DÁNOLO TEU AMOR (BIS)