Coro Parroquial de Esteiro

É domingo: o día do Señor

E DOMINGO, O 'DÍA DO SEÑOR',
O DÍA QUE DA MORTE XESÚS RESUCITOU,
NO QUE A IGREXA CELEBRA A EUCARISTÍA
PARA ENTREGARLLE ÓS HOMES DE DEUS O AMOR.


1. Descansamos o domingo imitando ó Creador;
contemplamos a beleza do que Deus nos regalou.
Con loanzas e pregarias intimamos co Señor
e tamén lle damos grazas pola 'nova creación'.

2.O Domingo celebramos de Cristo a Resurrección
e do Espírito a presenza revivimos con paixón.
Renovámo-lo Bautismo, nosa pascua e nosa luz,
e avanzamos cara a meta alumeados por Xesús.

3. Reunidos o domingo convocados por Deus Pai
ofrecemos todos xuntos do Señor o memorial.
Celebrando a Eucaristía expresamos desde o amor
que somos a súa Igrexa, misterio de comuñón.

4. Os cristiáns cada domingo renovámo-la alegría
para converter en festa a vida de cada día.
Procuramos achegarnos ós irmáns necesitados
e con fonda caridade de todos ser solidarios.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .