1. Qué bonito despóis do traballo
recollerse ó calor do fogar
e sentir esa fala tan doce
dunha nai que te sabe esperar.
Que bonito nas noites de insomnio,
cando o medo te vén desvelar,
escoitar unha nana suave
dunha nai que te vén arroupar.
ESA É MARÍA, É NOSA NAI,
DOCE NAICIÑA, COMIGO VAI.
[BIS TODO]
2. Que bonito sentir na dor
esa man que sabe acariciar,
esa man que consola e alivia,
esa man que te pode curar.
Que bonito atopar no perigo
un braciño ó que se agarrar,
que bonito o ter unha naiciña
que os fillos poidamos chamar.