1. Pola vida que é regalo dos teus dedos,
polo sol que nos esperta cada alba,
pola noite que agarima os nosos soños,
pola lúa que nos enche de nostalxia.
Gracias, Señor, graciñas. Gracias, Señor, graciñas.
2. Polos cumes onde raia a luz do día,
polos vales froitidores da fartura,
polos mares bulideiros de inquedanzas,
pola calma, polo vento e pola chuvia.
Gracias, Señor, graciñas. Gracias, Señor, graciñas.
3. Polos nenos en quen brilla o teu sorriso,
pola idade na que o amor con forza bate,
por aquela en que a fogaxe madurece,
pola hora na que a vida é señardade.
Gracias, Señor, graciñas. Gracias, Señor, graciñas.
4. Pola casa e mais o pan, polo traballo,
pola busca de os lograr quen nos teñen,
polo empeño comunal de uns e outros,
polo albor do mundo xusto que pretenden.
Gracias, Señor, graciñas. Gracias, Señor, graciñas.