Coro Parroquial de Esteiro

Vinde nenos e rapaces

1. Vinde nenos e rapaces, vinde neniños tamén;
xuntémonos cos pastores e vaiamos a Belén
para ver ese Neniño para ese Neniño ver.
Para ver ese Neniño acabado de nacer

Cantemos todos e con lecer
a ese Deus Neno nado en Belén [BIS TODO]

GLORIA, GLORIA NA TERRA E NO CEO
GLORIA, GLORIA IN EXCELSIS DEO [BIS TODO]

2. Vinde grandes e pequenos, vinde do norte e do sur,
para ver ese meniño, que veu se-la nosa luz
vinde tódolos galegos cantarlle ó Neno Xesús,
veredes qué ben parece o que a de morrer na cruz

Cantemos todos e con lecer
a ese Deus Neno nado en Belén [BIS TODO]

GLORIA, GLORIA NA TERRA E NO CEO
GLORIA, GLORIA IN EXCELSIS DEO [BIS TODO]

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .