Coro Parroquial de Esteiro

Ide e pregoade

IDE E PREGOADE A NOVA DE DEUS.
IDE E PREGOADE A NOVA DE DEUS.
IDE E PREGOADE POLO MUNDO ENTEIRO.
IDE E PREGOADE A NOVA DE DEUS.

1. Escoitei a túa voz no fondo da ialma,
Oín que chamabas, Señor.
Deixei os airiños, aires da Terra,
Escollín outros mares, meu Deus.

2. Camiñabas con présa, non tiñas acougo,
Notei as urxencias do amor;
Falabas de eidos, terras lonxanas
Onde a vida non pode esperar.

3. Eran certas, Señor, as túas palabras;
Abrín os meus ollos e vin
Semente do Reino, xente famenta
E que loita por crer e vivir.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .