Coro Parroquial de Esteiro

Igrexa Sacramento

IGREXA SACRAMENTO DE CRISTO, LUZ DAS XENTES;
TAMÉN ES O SEU CORPO E O NOVO POBO DE DEUS.
IGREXA, NAI E MESTRA DE QUEN POLO BAUTISMO
O MESMO DEUS ADOPTA FILLOS SEUS.

1. Ti naciches, Igrexa, para ser enviada á misión de anunciar
O Evanxeo que Xesús, Servo e Mestre che entregou, ‘Boa nova’
Que salva e que libera a quen cre que Xesús resucitou.

2. Novo Pobo de Deus pola Nova Alianza que El nos deu
Cando Cristo na cruz por todo o mundo á morte se entregou.
Comuñón, Corpo Místico e Misterio
para levarlle ó mundo a salvación

3. Es familia de Deus na que todos sentimos ser irmáns,
asemblea reunida que comparte con gozo a súa fe.
Es a Nai que nos mostra a Xesucristo
e guía os nosos pasos cara a El.

4. Ti celebras, Igrexa, o Misterio de Cristo Salvador
e convocas a todos arredor da Palabra e do altar;
sacramentas a Deus pola Liturxia
e con María queres camiñar.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .