SON AS CANTIGAS NA TERRA E NO MAR
LEDICIA DO MUNDO Ó VI-LO NADAL
1. No medio da noite naceunos un sol
que nos ha dar vida e luz e calor.
No medio do ermo naceu unha flor
que nos ha dar froitos de paz e de amor.
2. No medio da lama un lirio agromou
vestido coas galas do rei Salomón.
No medio do pranto soou a canción
máis linda e sonora que o mundo escoitou.
3. No medio das tebras un faro alumou
que o rumbo de terra nos significou.
No medio da area emerxeu un con
pra nos dar abeiro contra do trebón.