Coro Parroquial de Esteiro

Invitados a casa do pai

IMOS ALEGRES A CASA DO PAI QUE NOS AMA
PARA VESTIRNOS DE NOVO E CURA-LAS FERIDAS,
PARA SENTARNOS NA MESA DA FRATERNIDADE
IMOS A FESTA DA VIDA

1. El fai para nós unha casa
no mesmo medio do mundo,
coas portas abertas a todos
e pan na mesa servido.

Prepara un xantar compartido,
reparte o pan co famento,
invita a todos á festa
e acolle ós que viven sen tento.

2. A casa é fogar de irmandade
acompaña do Pai garimoso,
ledicia, calor e quentura
á beira dos seres queridos.

Lonxe da casa do Pai
todo é vagar sen sentido.
Lonxe da casa do Pai
todo é escuro e sombrío.

3. O Pai que despide o seu fillo
bágoas amargas derrama,
mentres o fillo non volta
fica valeira a súa casa.

Olla pro lonxe tristeiro
o pai que perdeu o seu fillo,
agarda noites e días
que volva ó seu agarimo

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .