1. Cando estou á túa beira sei que estou preto de Deus,
porque Ti, Virxe María, es camiño cara El.
Pola contra se estou lonxe sinto a Deus lonxe tamén;
Mais se digo “Ave, María”, volve a fe.
MARÍA, NAI E SEÑORA,
MARÍA, CHEA DE GRACIA.
SEMENTA NA NOSA VIDA
SEMENTES PARA A ESPERANZA.
2. Cando estás á miña beira, vou seguro camiñando,
Porque Ti, virxe bendita, elo abeiro onde me amparo.
Se tropezo e logo caio, dásme a man con tanto xeito
Que me sinto novamente afervoado.
MARÍA, NAI E SEÑORA,
MARÍA, CHEA DE GRACIA.
SEMENTA NA NOSA VIDA
SEMENTES PARA A ESPERANZA.
3. Se na Igrexa peregrina esmorece a esperanza,
Faite ver no seu camiño, ven connosco, Virxe Santa;
E recórdanos a todos a presencia de Xesús
convertendo en bo viño a nosa auga.
MARÍA, NAI E SEÑORA,
MARÍA, CHEA DE GRACIA.
SEMENTA NA NOSA VIDA
SEMENTES PARA A ESPERANZA.