Coro Parroquial de Esteiro

Escoitando a túa chamada

1. Escoitando a túa chamada emprendémo-lo camiño
que nos leva cara á Pascua do teu Fillo Xesucristo.
Cruzarémo-lo deserto da túa man conducidos
pra atopa-la Nova Terra que Ti nos tes prometido.

TI VAS CONNOSCO, SEÑOR, POLO CAMIÑO
ANIMANDO A ESPERANZA DO TEU POBO PEREGRINO.
TI VAS CONNOSCO, SEÑOR, POLO CAMIÑO
COA LUZ DA TÚA PALABRA, CO TEU PAN E CO TEU VIÑO.

2. Escoitando a túa chamada aquí nos tés reunidos
pra renova-la Alianza que nos unirá contigo.
Selarémo-la promesa celebrando o sacrificio
coa entrega e coa ofrenda do sangue de Xesucristo.

3. Escoitando a túa chamada viñemos á fonte viva
para calmar na túa auga a sede de peregrinos.
Renacemos á túa vida polas augas do Bautismo,
sepultados ó pecado, vivimos en Xesucristo.

4. Escoitando a túa chamada que nos pide convertirnos
hoxe voltamos á casa, Paiciño bo, arrepentidos.
Trocaremos esta vida de pecado e egoísmo
en vida chea de amor a todos irmáns unidos.

5. Escoitando a túa chamada viñemos á túa Luz
desde a nosa escuridade, como o cego do camiño.
Ilumina os nosos pasos vacilantes e sen tino
coa labareda da fe, que guía o noso destino.

6. Escoitando a túa chamada viñemos á túa Vida.
Ti que choráche-la morte do teu amigo querido.
Ti que nos dis que quen cre resucitará contigo
e verá a Vida eterna, esa vida que es Ti mesmo.

Imprimir - Tamaño letra

Momento: Entrada.

Tempo: Coresma.

Libro: 11 Encontro de música relixiosa en Pontevedra.

Nota do autor:
As estrofas que se ofrecen para este canto son numerosas co fin de que se poida escoller entre elas para cada domingo de Coresma segundo os evanxeos que neles se proclama. Así, a primeira e e a segunda estrofas están pensadas, respectivamente, para o primeiro e segundo domingo. A terceira, para cando se le o evanxeo da samaritana; a cuarta, para o evanxeo do fillo pródigo; a quinta, para o da curación do cego, e a derradeira, para o da resurrección de Lázaro.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .