Coro Parroquial de Esteiro

Non leves para o camiño

NON LEVES PARA O CAMIÑO
NIN PAN NIN CARTOS NA ALFORXA,
LEVA SOAMENTE UN CAXATO PARA APOIARTE
CANDO CHE FALTEN AS FORZAS,
LEVA SOAMENTE UN CAXATO PARA APOIARTE
CANDO CHE FALTEN AS FORZAS.

1. No camiño que ti vas percorrer
hai atrancos que te fan tropezar
non te han de vencer
porque Xesús vai contigo ó andar.

Se te cansas e non podes seguir
calza os pés con sandalias lixeiras
poderás avanzar máis de présa,
chegarás axiña onde tela meta.

[REFRÁN]

2. Nada máis pró camiño que a ambición
de ir medrando no andar de cada día,
e de abri-lo corazón a Inmensidade
da Verdade e da Vida.

Un vestido que sexa livián
e alixeire a túa andaina;
un caxato que sirva de apoio
para así chegar á meta soñada.

[REFRÁN]

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .