DESQUE LEVÁMO-LA TÚA LEI
DENTRO DOS NOSOS CORAZÓNS,
NÓS FORMÁMO-LO TEU POBO
E TI É-LO NOSO DEUS,
NÓS FORMÁMO-LO TEU POBO
E TI É-LO NOSO DEUS.
1. Velaí vén o día en que eu asinarei
Coa casa de Israel unha alianza nova.
2. Meteréivo-la lei no interior dos corazóns
E non ides precisar que vos ensinen outros.
3. Ósos secos e espidos, ¡que noxo o de vos ver!
Cando eu sopre sobre vós, recobraredes vida.
4. Co alento de Deus foi vertido sobre vós
Un Espírito de amor xeneroso en cumprido.