1. Se o artista crea ¿non creas ti con El?
Se canta o neno ¿non cantas ti con El?
Se o neno medra ¿non medras ti con El?
O MEU DEUS CREA, CANTA , MEDRA E EU QUERO ESTAR CON EL.
2. Se o pobre laia ¿non laias ti con el?
Se o orfo sofre ¿non sofres ti con el?
Se o feble cae ¿non caes ti con el?
O MEU DEUS LAIA, SOFRE, CAE, E EU QUERO ESTAR CON EL.
3. Alguén di abonda, e dilo ti tamén.
Alguén protesta, protesta ti tamén.
Alguén constrúe, constrúe ti tamén.
O MEU DEUS DERRUBA E CONSTRÚE E EU QUERO ESTAR CON EL.
4. Para cantar ledo, eu quero estar con El.
Para termar rexo, eu quero estar con El.
Para rir contento, eu quero estar con El.
O MEU DEUS É O DEUS DA GLORIA E EU QUERO ESTAR CON EL.