1. O mundo arela a saúde, os presos a liberdade,
os pobres claman xustiza, os tristes ser consolados.
Os homes teñen un soño: vencer doenzas e males,
vivir felices na terra e que a paz nunca se acabe.
REI DOS CEOS E DA TERRA,
REI HUMILDE E REI SINXELO.
GUÍAS TI TODOS OS POBOS
GOBERNANDO O MUNDO ENTEIRO.
VEN AXINA A GUIARNOS,
VEN COA PAZ E COA XUSTIZA,
VEN A DEFENDER OS POBRES,
PARA ENCHERNOS TI DE VIDA.
2. Deus trae un Reino de vida que vence as tebras da noite.
Deus trae un Reino de graza que limpa toda maldade.
Deus soña cunha familia aberta a todos os homes
e cun xantar compartido na mesa da irmandade.
3. Precisa o Reino de Deus persoas fortes e nobres,
coa alma aberta ó Misterio, coas mans activas e limpas.
Está petando na porta o Deus paciente e humilde.
Invita a ser xornaleiros, a traballar na súa viña.
4. O Reino de Deus agarda dos homes boa acollida;
sendo moitos os chamados, son poucos os que se animan.
Pero coas mans deses poucos faremos a sementeira
que agromará para o mundo en abondosa colleita.
5. O plan de Deus para o mundo comeza sendo semente
que, ao xermolar, faise planta, unha árbore grande e rexa.
O Reino de Deus agacha dentro de si tanta forza,
a forza mesma de Deus que triúnfa e sae vitoriosa.