Coro Parroquial de Esteiro

Ó remate deste día

1. Ó remate deste día, día grande do Señor,
cantemos cheos de amor con gozo da eucaristía;

FAGAMOS GRAN ROMARÍA A XESÚS RESUCITADO
QUE EN GRACIA NOS FOI DOADO CAL SEÑOR AMIGO IRMAN,
MESTRE DO POBO CRISTIÁN, CON AMOR EN CRUZ PROBADO.

2. Unámolos corazóns en leda comunidade
pois para facer irmandade liberounos con paixón.

TODO FOI REGALO E DON. O ESPIRITO EN NOS PROCLAMA
ABBA Ó DEUS QUE NOS AMA, E A TERRA FAISE LOANZAS
NESTA HORA DE ESPERANZAS Á QUE CRISTO INVITA E CHAMA.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .