1. Onda ti noso Pai, á tardiña
onda ti que nos levas da man,
axuntámonos pra agradecerche
a ledicia do día que cae.
2. Como van co pastor as ovellas
a tardiña durmir ó redil,
cando a noite cae sobor do mundo
nas túas mans nós deixámonos ir.
3. Como xunta a galiña ós pitiños,
cando a tarde se vai indo o sol,
ó calor das túas alas quentiñas,
na túa paz nos acollas, Señor.
4. Onda ti achegámonos cansos
do traballo do día, Señor
o traballo que vai construíndo
nesta terra a cidade do amor.
5. O universo adormece rendido
nos teus brazos que o gardan do mal
na túa paz nós durmimos tranquilos
boas noites, pai, ata mañá.