Coro Parroquial de Esteiro

Eu sei de quen me fiei

1. “Eu sei de quen me fiei”:
Ti sera-lo meu camiño,
o Pastor dos verdes prados,
compañeiro e peregrino.

Eu sei de quen me fiei,
pois Ti mesmo vas comigo.
Camiñarei na Verdade
e sera-lo meu destino (bis)

SINTO A TÚA VOZ AMIGA
ALÁ NO FONDO DA ALMA
E QUERO SEGUI-LA SEMPRE
A ONDE QUEIRA QUE VAIA.

2. “Eu sei de quen me fiei”:
ó buscar sentido á vida,
escoitei a túa Palabra
e procurarei seguila.

"Eu sei de quen me fiei"
ó chamarme noite e dia.
Fun tras de Ti de contado
e prendado quedaría. (bis)

ES TI, XESÚS, MEU AMIGO,
ES TI A VOZ GARIMOSA,
ES TI QUEN PODE SACIARME
ESTA SEDE TAN ANSIOSA.

3. "Eu sei de quen me fiei"
cando che respondín SI.
Enchíchesme de ledicia
fixéchesme home feliz.

"Eu sei de quen me fiei"
e renacín na esperanza
para anunciar sen desmaio
a Vida que todo alcanza. (bis)

QUERO SER UN MENSAXEIRO
GOZOSO E CON ILUSIÓN:
HEI DE ANUNCIAR ÓS IRMÁNS
QUE XESÚS É SALVACIÓN.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .