1. Pedímosche a paz que tanto nos compre
Como a auga e o lume, como a terra e o aire.
A paz que é o pan amasado cada día
Que se parte na mesa con xúbilo e con fame.
SEÑOR, XESÚS DÁNOLA PAZ, A TÚA PAZ, SEÑOR (BIS)
2. A paz que é liberdade, a vida sempre aberta
na casa e na fabrica, na escola e na rúa.
A paz que é tamén o perdón que nos libera
Da rabia e da ira, da envexa e do sangue.
SEÑOR, XESÚS DÁNOLA PAZ, A TÚA PAZ, SEÑOR (BIS)
3. A paz que é a flor do teu Reino que esperamos
E facemos máis fermoso cando cae a luz da tarde.
Pedímosche a paz e a nós mesmos nos pedimos,
Porque somos irmáns e Ti elo noso Pai.
SEÑOR, XESÚS DÁNOLA PAZ, A TÚA PAZ, SEÑOR (BIS)