1. Polos camiños da vida eu vou andando, Señor;
son peregrino que busca chegar á fonte do Amor.
POLOS CAMIÑOS DA VIDA
EU VOU ANDANDO, SEÑOR,
SON PEREGRINO QUE BUSCA
CHEGAR Á FONTE DO AMOR.
Quero que sexas Ti quen me leve da túa man
porque só voume perder no longo camiñar.
Axúdame a compartir a esperanza cos demais
pois o mellor do camiño está ó final.
2. Cando me atopo coa noite e xa vou canso da cruz,
vén onda min para axudarme trocando as tebras en luz.
CANDO ME ATOPO COA NOITE
E XA VOU CANSO DA CRUZ,
VÉN ONDA MIN PARA AXUDARME
TROCANDO AS TEBRAS EN LUZ.
Ven comigo ó andar, alimenta a miña fe,
sé a forza pro meu amor co amor que Ti me tés.
Se canso me ves, Señor, dáme axuda para chegar
pois o mellor do camiño está ó final.