Coro Parroquial de Esteiro

Benaventurados

BENAVENTURADOS, BENAVENTURADOS
BENAVENTURADOS OS QUE SABEN AMAR.

1. Felices os que son sinxelos
Felices os que son sufridos,
Felices os que cando choran
Viran para Deus o corazón.

Felices os que compadecen,
Felices os de limpos ollos,
Felices os que ven a vida
Con ilusión.

2. Felices son tamén os pobres,
Felices os que son valentes,
Felices os que nunca perden
A liberdade e o valor.

Felices son os ben pensados,
Felices son os que comprenden,
Felices os que buscan sempre
Un mundo mellor.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .