PRETO, MOI PRETO, PRETO DE TI
XUNTO Ó ALTAR VIMOS PEDIR
QUE NON NOS DEIXES NUNCA DA MAN
E ONDA TI VIVIR.
1. Testemuñas ser de amor nos mandas,
E facer co pobo do Señor un mundo mellor
De xustiza e paz familia de irmáns:
Un mundo novo.
2.Por meta os ceos, no ar o timón,
Queremos seguirte no teu mar;
Se levas Ti o barco non temos temor;
Colle as nosas mans para remar.
3.Camiñantes somos dun camiño
Que precisa sempre do teu pan;
Non nos deixes sós para camiñar:
Ti es o alimento, Ti es a Vida.