QUEDA SEÑOR, CONNOSCO, ESTÁ CAENDO A TARDE
A MESA ESTÁ SERVIDA CO PAN QUE TI NOS PARTES.
1. ¿Cómo te encontraremos cando esmorece o día,
Se ti non andas polos nosos pasos?
Repousa aquí connosco, a mesa está servida,
Quentiño o pan, ben recendente o viño.
2. ¿Cómo recoñecerte, Xesús, entre os homes,
Se ti non comes na mesma mesa nosa?
Darásnolo teu Corpo e o gozo irá arredando
A confusión que cega os nosos ollos.
3. Vemos lucilo día sobre a túa doce face
E o sol brillando, gloria do teu Corpo.
Que todo o noso medo cega ante o lume vivo
Que nos deixou o paso teu na Pascua.