Coro Parroquial de Esteiro

Queremos cear contigo

1. Marchábanse conversando, iban tristes e sen tino
aqueles dous de Emaús pola ausencia do amigo.
Camiñan sen esperanza e tamén con pouca fe
e nisto faise presente Xesús, o amigo fiel.

QUE CLARA FOI A PALABRA
E QUE CURTO AQUEL CAMIÑO.
NON TE VAIAS, PEREGRINO,
QUEREMOS CEAR CONTIGO (BIS TODO)

2. Mais non o recoñeceron na conversa do camiño
so descubriron quen era ó entregarlle o Pan e o Vino.
Non hai medo nin tristeza porque a fe xa está prendida,
no corazón hai quentura, volveuse a esperanza viva.
(ESTREBILLO)

3. Xesús, Ti é-la nosa Vida, é-lo banquete divino,
acénde-los corazóns coa conversa do camiño.
Se chamas á miña porta, heiche abrir de par en par
para sentármonos xuntos e verte parti-lo Pan.
(ESTREBILLO)

4. Europa abre as túas portas a tantos que a ti se acercan
non lles máte-la esperanza nin os soños con que chegan.
Acolle os emigrantes que piden pan e agarimo,
se solidaria con eles, como ensina Xesucristo.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .