Coro Parroquial de Esteiro

Quérote escoitar, meu Deus

QUEROTE ESCOITAR, MEU DEUS, ENSÍNAME A CALAR
QUEROTE ESCOITAR, MEU DEUS, ENSÍNAME A CALAR
QUEROTE ESCOITAR, MEU DEUS, ENSÍNAME A CALAR


1. Se me calo escoitarei as palabras que Ti falas,
que aluman o canino cara o Ceo:
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.

2. Cando falas Ti, meu Deus, as palabras son de Vida
e fan que agrome o amor no mundo enteiro.
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.

3. Coa sementa da Palabra esténdese a Verdade
e vai medrando a fe ó seu abeiro:
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.

4. Polo día e pola noite a palabra vai crecendo
se o noso corazón non se fai ermo:
Ensíname a calar para sentirte,
ensíname a escoitarte no silencio.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .