Coro Parroquial de Esteiro

Unha nova criatura

OS BAUTIZADOS LEVAMOS UNHA BRANCA VESTIDURA
PARA DICIRMOS QUE SOMOS UNHA NOVA CRIATURA (bis)

1. Fomos salvados das augas
Fondas e negras do mar,
Fomos bañados nas nidias
augas do río Xordán

2. Fomos liberados da morte
E das gadoupas do mal
E trasladados ó reino
Da liberdade e da paz.

3. Sómo-la luz deste mundo,
Deus quere vela brillar:
Non é a luz para escondela
Nin para deixala apagar.

4. Sómo-lo sal desta terra,
Deus quere velo salgar:
Non é sal para guindalo
Nin para deixalo estragar.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .