SALVE RAÍÑA, NAI GARIMOSA;
VIDA, DOZURA, ESPERANZA NOSA.
1. A Ti chamámo-los desterrados fillos de Eva;
a Ti suspiramos, xemendo e chorando en lonxana terra.
SALVE RAÍÑA, NAI GARIMOSA;
VIDA, DOZURA, ESPERANZA NOSA.
2. Avogada nosa míranos con ollos de misericordia
e despois deste desterro, lévanos a Xesús, froito de teu seo.
Ouh, clemente, ouh pía, ouh doce nai María.
SALVE RAÍÑA, NAI GARIMOSA;
VIDA, DOZURA, ESPERANZA NOSA.