1. No meu camiño atopo cada día a dor xunto min,
por veces penso que non hai dereito a sufrir así.
Dóeme tanto cando sufre un home a súa dor
que quero velo feliz.
Desde o abismo do home que sofre veño a Ti, Señor.
Intento verte no irmán enfermo, dáme Ti a luz.
Fai que non pase de largo, á túa beira quero ser
“Samaritano de amor”.
OIO OS TEUS PASOS XUNTO A MIN Ó CAMIÑAR.
SINTOTE PRETO, ENCONTRO EN TI A FORZA PARA ANDAR.
DAME A TÚA MAN PORQUE SENON, HEIME PERDER.
QUE COMA TI, SEÑOR XESÚS PASE EU FACENDO O BEN.
(REPETIR)
2. Cando un irmán sufrindo o seu “calvario” aguanta a súa cruz,
dálle a túa man e sé seu “cirineo” coma pra Xesús.
Co teu sorriso lograrás facer do seu sufrir como unha ofrenda de altar.
Sementa rosas no camiño amargo co teu corazón
e brotará de novo aquel sorriso de que sente amor.
Así o enfermo entenderá que desde a súa dor fálalle o Noso Señor.
OIO OS TEUS PASOS XUNTO A MIN Ó CAMIÑAR.
SINTOTE PRETO, ENCONTRO EN TI A FORZA PARA ANDAR.
DAME A TÚA MAN PORQUE SENON, HEIME PERDER.
QUE COMA TI, SEÑOR XESÚS PASE EU FACENDO O BEN.
(REPETIR)