1. Ten unha rosa branca, fermosa, Santa María, roseira,
ten unha rosa.
Con ser das flores a festa,
nunca tivera flor coma esta a primavera.
TEN UNHA ROSA SANTA MARÍA,
LEVA UNHA ESTRELA QUE É A LUZ DO DÍA,
DEUNOS UN NENO SANTA MARÍA
QUE VEN DO CEO DARNOLA VIDA.
2. Leva unha estrela coma Deus bela,
Santa María no colo leva unha estrela.
a noite más longa e pura, nunca levara
por máis escura gloria tan clara
TEN UNHA ROSA SANTA MARÍA,
LEVA UNHA ESTRELA QUE É A LUZ DO DÍA,
DEUNOS UN NENO SANTA MARÍA
QUE VEN DO CEO DARNOLA VIDA.
3. Deunos un neno, trigo no feno
a Virxe Santa María deunos un neno.
nunca nos dera un trigal tanta fartura,
nin pan candeal de máis brancura.
[ESTREBILO]