Coro Parroquial de Esteiro

Sentadiños

1. Deus, noso Pai, xuntos na túa beira
para oír a túa doce fala
vimos milleiros de lonxe a esta ribeira
e na compaña comer contigo o Pan.

Dende a lanchiña ti fálasnos, Señor.
Nós desde a praia ti de costas ó mar
as túas verbas resóanos a gloria
a túa mirada que nos enche de amor.

SENTADIÑOS NA AREA DA PRAIA,
SENTADIÑOS NA BEIRA DO MAR,
SENTADIÑOS, SEÑOR, SENTADIÑOS ,
SENTADIÑOS OÍNDOTE FALAR

SENTADIÑOS NA AREA DA PRAIA,
SENTADIÑOS NA BEIRA DO MAR,
SENTADIÑOS, SEÑOR, SENTADIÑOS,
SENTADIÑOS ATOPÁMOLA PAZ.

2. coma o pastor que xunta o seu rabaño.
Cando na tarde escurece o sol;
Cando amosan no ceo as estrelas
e a luz da lúa brilla de esplendor.

Coma unha nai que acouga os seus filliños,
de bágoas cheos ó seu regazo van.
Cando as tebras da noite amosan
xúntasnos ti preto do teu amor.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .