1. Señor da mañá e da tarde, guieiro dos nosos días,
ti dáste nas nosas mans, enteiro te nos confías.
POR TI TRABALLAMOS HOXE NA TÚA FORZA AFINCADOS
EN TI CHEGAMOS Á NOITE NO TEU AMOR CONSOLADOS.
2. Bendito Deus pola xente que con nós comparte a vida.
Bendito Deus polo amor ca irmandade construída.
COS GOZOS, CO SUFRIMENTO, COAS LOITAS COAS ESPERANZAS
DESTE DÍA QUE PASOU FACEMOS PARA TÍ LOUANZAS
GLORIA Ó PAI, DEÁMOSLLE GLORIA, Ó FILLO QUE NOS AMOU
E CO ALENTO DO ESPÍRITO POR NÓS A VIDA ENTREGOU.