Señor da victoria, guía o teu pobo,
Deus da misericordia e salvador;
Gracias sempre a Ti por ser xeneroso,
a túa voz será mensaxe de amor.
Señor da victoria, coida dos teus servos,
prende coa túa luz estes corazóns,
Dános a esperanza para seguirte;
amósanos o camiño mellor.
1. Por ser Mestre de tódolos homes
coa túa gracia de Redentor,
imos loubar por sempre o teu nome,
os teus ollos cheos de amor.
Pois con bo corazón andaremos,
vencellando as nosas mans.
Pois tamén onda Ti estaremos, Señor.
Pois tamén onda Ti estaremos.
Señor da victoria, guía o teu pobo,
Deus da misericordia e salvador;
Gracias sempre a Ti por ser xeneroso,
a túa voz será mensaxe de amor.
Señor da victoria, coida dos teus servos,
prende coa túa luz estes corazóns,
Dános a esperanza para seguirte;
amósanos o camiño mellor.
2. Tí tés sempre o camiño alumado,
¿Como nos imos a perder?
Dásnos folgos para te seguir
e o teu sangue para beber.
No teu Reino, Señor da Victoria,
andaremos ata ese val.
Pois tamén onda Ti estaremos, Señor.
Pois tamén onda Ti estaremos.