Coro Parroquial de Esteiro

Señor, noso Señor

SEÑOR, NOSO SEÑOR,
¡QUE GRANDE É O TEU NOME EN TODA A TERRA!
¡QUÉ GRANDE É O TEU NOME EN TODA A TERRA!.

1. Señor noso Señor, que grande e o teu nome en toda a terra,
a túa maxestade érguese por enriba do ceo.

2. Cando contemplo o ceo, feitura da túa man,
a lúa e as estrelas que nel dispuxeches,
¿Qué é o home para que te lembres del,
o fillo do home para que o veñas visitar?

3. Fixéchelo pouco menos ca un anxo,
coroáchelo de honor e de dignidade;
décheslle mando sobre as obras das túas mans,
todo o sometiches baixo os seus pés.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .