TEMOS UNHA FESTA Ó PÉ DO ALTAR,
DEUS É QUEN CONVIDA, VINDE LOGO, IRMÁNS.
TEMOS UNHA FESTA Ó PÉ DO ALTAR,
SE DEUS NOS CONVIDA, IREMOS ALÁ.
1. Encherémo-la igrexa de flores,
lucirémo-las roupas mellores,
pois a festa é festa rachada,
porque en Deus temos posta a esperanza.
2. Xuntarémo-las voces rezando,
louvarémolo cos nosos cantos.
Á súa mesa collémo-los folgos
para logo servilo nosoutros.
3. Sentirémo-la súa presencia
nos irmáns que comparten a festa.
E despois, renovados iremos
polas rúas anunciando o Reino.