Coro Parroquial de Esteiro

Todo o mundo unha familia

E SOÑEI QUE ALGUNHA VEZ
TODO O MUNDO ERA UN FOGAR
TODO O MUNDO UNHA FAMILIA
UNHA FAMILIA UNIVERSAL

UNHA CASA QUE EU SOÑEI
COAS PORTAS SEN PECHAR
TODO O MUNDO UNHA FAMILIA
UNHA FAMILIA UNIVERSAL

1. Xa se abren fronteiras
E caen os muros
E téndense as mans
E vívese en paz.

E fálase en linguas
E rézase unidos
Sen medo podemos cantar.

2. Destrúense as armas,
Abáixanse os montes,
O mar xa non brúa
E amaina o trebón.

E come o famento
E o pobre respira
Cantando sen medo
E canción.

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .