1. Velaquí Señor o viño
froito das nosas videiras,
e o pan de trigo arrincado
ó lentor das nosas leiras.
O MAR, AS ESTRELAS,
OS RIOS, O SOL
OS PRADOS, AS LEIRAS,
PARA TI SEÑOR. [BIS TODO]
2. Tamén traémo-las penas
as angurias, inquedanzas,
as ledicias a beleza
a nosa fe e esperanza.