Veño traerche, Señor,
nun ramo as horas do día,
unha breve eucaristía,
unha cantiga de amor,
e coma incenso unha flor;
E pídoche, Deus amigo,
abeirarme ó teu abrigo,
durmir no teu corazón,
e que o meu, en oración
vele esta noite contigo.
QUE POIDA O CORAZÓN SOÑAR CONTIGO
MENTRES TI ME ALOUMIÑAS, MEU DEUS AMIGO.
E CANDO VOLVA A LUZ POLA ALBORADA
QUE ALUME A MIÑA FE TODA A XORNADA.
(REPETIR ISTO 2 VECES MAIS)