VIMOS PREGAR Ó SEÑOR
PARA QUE NOS GUÍE E NOS FAGA VIVIR
COMA FILLOS SEUS CADA DÍA,
PORQUE NOS CÓMPRE ATINAR
POR ONDE AVANZAR CARA A EL
PARA SER FELICES CON TÓDOLOS IRMÁNS
E NUNCA PERDE-LA ESPERANZA
DE UN MUNDO NOVO E EN PAZ.
1. El é o que nos guía por vieiros de paz.
El é quen nos ensina tamén a perdoar.
El é quen nos dá vida e alenta o corazón
para seguir andando de cara á salvación.
2. El é a luz do mundo, amigo e valedor.
El é o noso Mestre e o noso Redentor.
El é quen de nós coida, porque é o noso Pastor
e ós verdecentes pastos nos leva con amor.