1. Moito me ama o Señor,
sempre me enche de bens,
quere facerme o seu fillo,
o seu herdeiro tamén.
Grande e fermoso agasallo:
ser semellante a Deus,
ser súa imaxe perfecta,
ser parecidos a El.
LEVO UN TESOURO AGACHADO
DENTRO DA MIÑA PERSOA:
UNHA SEMENTE DE VIDA
QUE O MESMO DEUS É QUEN DOA.
EL SEMENTOU ESA VIDA,
EL ENXERTOU ESA PLANTA.
¡CANTO DESEXO QUE MEDRE
DESDE O PROFUNDO DA ALMA!.
2. Deus imprimiu no Teu peito
unha pegada do Ceo;
El me selou para sempre
co seu máis fermoso selo.
¡Son da familia divina!
Fíxome fillo adoptivo:
teño unha casa onda Deus,
teño onda El o destino.
3. Eu ensuciei esa vida,
eu embacei esa imaxe,
cegado polo egoísmo,
non acollín a mensaxe.
Funme afastando da casa,
díxenlle ‘non’ ao meu Pai;
Vinme perdido na rúa,
deixei o ben polo mal.
4. Mais, ao volver á súa casa,
deume un abrazo de Pai,
fixo unha espléndida festa
cando me viu retornar.
Vestiume un traxe de gala
e renovoume a Alianza.
¡Xa son outra vez seu fillo,
xa teño de novo a Graza!