1. Flota no vento un recendo Evanxeo
Coma no forno cando fornece o pan;
Algarabía de meniños no ambiente;
É a FAMILIA,esperanza e manancial.
QUÉ FERMOSO É SER UNHA FAMILIA,
QUE FERMOSO TER CALOR DE FOGAR.
QUE FERMOSO QUE XUNTOS PAIS E FILLOS
NON SE CANSEN DE RECIBIR E DAR
PARA SER DUN MUNDO NOVO SEMENTEIRA
NO QUE REINEN A IRMANDADE E MAILA PAZ.
2. Acompasados os corazóns latexan
Van procurando atopar o seu lugar,
Cando a familia mantén a identidade,
O mesmo Deus ese fogar bendicirá.
[refrán]
3. Sementadores de bicos na alborada
E silandeiros vixiantes do fogar,
Agarimosos protectores desde a fe,
Quentura mol nese berce sen igual.
[refrán]
4. Familia, garda da misión máis elevada,
Espalla amor, como se espalla o maná,
Que no teu lar resplandezan os valores:
Nunca te canses; loita sempre e ¡VENCERÁS!