TI ES NAI DO VERBO ENCARNADO
FUCHES O PRIMEIRO SAGRARIO.
GARDAS A XESÚS NO TEU SEO,
MARÍA, SACRAMENTO DO PAI
TROCADO EN PAN EN CADA EUCARISTÍA.
1. Danos acollela Palabra
Sendo coma ti en Nazaret
Coa terra na que Deus se sementa
E agroma en froitos de amor polo noso ‘Amén’.
2. Ti estás ó pé de Xesucristo
Desde que naceu ata a Cruz;
Participas así na Eucaristía,
Misterio de ofrenda e paixón, e Pascua de Luz.
3. Gracias ó Señor lle dicimos
Co ‘Magnificat’, que cantaches feliz;
Pola gracia que nos dá a Eucaristía
El fai marabillas en nós como fixo en Ti.