1. Nosa señora Bendita,
nai da Galicia dos mares,
Aquí nesta nosa Terra
te-la casa e os altares.
Onda Ti vimos, naiciña,
a pedi-los teus favores;
Agora, e logo, na morte,
roga por nós, pecadores.
Por ser nai de Xesucristo
é-la mesma nai da Igrexa,
Acompaña os nosos pasos
mentes andamos na terra.
Ven connosco, Virxe Santa,
e coida das nosas almas
Para que Deus viva nelas
coa brancura da súa graza.
2. Cando en Nazaret o anxo
che dixo “chea de graza”,
Acollíche-la mensaxe
e de Deus fostes a escrava.
Ensínanos ti, María,
a gardar no corazón
A Palabra e ser contigo
“irmáns e nai do Señor”
Ó pé da cruz no Calvario
oímos que Xesús dixo:
“Velaí a túa nai;
muller velaí o teu fillo”.
Desde aquela, nai de todos,
vives en tantos lugares,
Pero os nosos corazóns
sonche os mellores fogares.