1. Coma unha humilde labrega,
con zocas de cana e medias
é a nai do meu Señor.
Un rostro de pan dourado,
sobre del, pano galano,
teno a nai do meu Señor.
Con mans de traballadora
dentro da casa e por fóra
anda a nai do meu Señor.
2. Os pés que corren lixeiros
dando o servizo primeiro,
son da nai do meu Señor.
A ledicia dos sinxelos,
lonxe de trampas e enredos,
pona a nai do meu Señor.
O ventre que foi preñado
e para Deus entregado
é da nai do meu Señor.
3. A ledicia do oprimido,
feita de pan compartido,
busca a nai do meu Señor.
A nai que pare en Belén
e aloumiña ó seu recén
é a nai do meu Señor.
Gloria ó Pai e gloria ó Fillo,
gloria sempre ó Santo Espírito,
canta nai do meu Señor.