Coro Parroquial de Esteiro

Virxe do Carmelo

DESDE A TERRA MIRO O MAR E O CEO
E A LUZ DA VIRXE DO CARMELO
XURDINDO DESDE AS TEBRAS
CO SEU CORAZÓN NAS MANS
POR MOR DE SANALO MUNDO ENFERMO.
(BIS TODO)

1. No bruar do mar e vento
ti pos calmo o meu soar,
Gardando dos mariñeiros
co amor dunha nai
Esgótalas túas forzas
o mesmo que o Señor
Que quixo salvalo mundo
pagando El por nós.

2. Virxe santa do Carmelo
non nos deixes da túa man,
que a tristura escura afaste
e nos deixe voltar
os teus fillos mariñeiros
collidos da súa man,
cantan himnos á Señora,
nai de tódalas nais,

Empregamos cookies propias e de terceiros. Saber máis. - Pechar - .