DOUCHE GRAZAS, SEÑOR, DE TODO CORAZÓN.
HEI TOCAR PARA TI DIANTE DOS ANXOS.
1. Hei prostrarme cara ao teu santo templo
dando grazas e loando o teu Nome,
porque es fiel na túa gran misericordia,
porque sempre Ti mantés a túa promesa.
2. Se te chamo, Ti sempre me respondes
e acrecentas coa túa graza as miñas forzas.
Han loarte tódolos reis da terra
polos ditos que pronuncias coa túa boca.
3. Se me vexo en apuros, Ti me salvas
contra aqueles que son os meus inimigos.
A túa man acompaña o meu camiño
e libérame de tódolos atrancos.