XUNTO A TI QUEREMOS CELEBRAR
A TÚA MORTE E RESURRECCIÓN,
TAMÉN COMER O TEU CORPO, SEÑOR
ALIMENTO PARA TODOS NÓS.
1. Queda con nós, Señor, que é tarde xa.
Dános teu Pan, forza no camiñar.
A túa voz é don de salvación,
as túas verbas son fonte de paz.
2. Oh bo Xesús, estou mirándote.
Eu ben sei que estás aquí onda min,
que vés a nós para con nós morar,
vés a nós para con nós vivir.
3. Escoita, Deus, a miña oración.
Dáme a túa luz para ao mundo alumar;
no teu amor eu quérome abrasar
e con fe contigo camiñar.
4. Ti, fonte viva de eterno vivir.
Ti, pan do Ceo, divino manxar.
No teu altar eu véñote adorar,
xunto a Ti eu quero sempre estar.