O Advento é o comezo do ano litúrxico, empeza o domingo máis próximo ao 30 de novembro e termina o 24 de decembro. Advento vén do latín adventus que significa chegada. O sentido do Advento é avivar nos crentes a espera do Señor. A cor usada na liturxia durante ese tempo é o morado.
O primeiro domingo de advento deste ano 2025 é o 30 de novembro.
Durante o advento acéndense catro velas, unha por cada domingo.
Existen dúas combinacións de cores. A primeira componse de catro velas, cada unha dunha cor litúrxica que por orde son: morado, verde, rosa e vermello.
A segunda combinación componse de tres velas de cor morado e unha de cor rosa. O primeiro, segundo e cuarto domingo acendesen as velas de cor morado, o terceiro domingo acéndese a vela de cor rosa.
O día de nadal correspóndelle a vela de cor branco.
Adán e Eva deixáronse enganar po-lo demo ao pensar que podían saber máis ca Deus e facer o que El tiña prohibido. Así comezou o pecado no mundo e volveuse todo escuridade para o home, pois o pecado afástanos de Deus. Pero Deus prometeu enviarnos un Salvador.
Acéndese a primeira vela, que é a vela do arrepentimento. A cor da vela recórdanos que é un tempo de penitencia, de conversión.
Oración: Que esta coroa nos axude a preparar os corazóns de cada un dos que formamos a familia para a túa chegada no día de Nadal.
Canción suxerida: Ven, ven Señor.
Na historia de Noé, vese como o pecado foise estendendo no mundo e os homes cada vez máis esquecíanse do seu amor e mandamentos. A arca de Noé lémbranos o desexo de Deus de salvar aos homes. O arco da vella é o símbolo que nos lembra o amor de Deus cara os homes.
Acéndese a segunda vela, que é a vela da promesa de Nadal, da promesa da chegada do Salvador.
Oración: Pedímoste que nos axudes a non afastarnos de Ti po-las cousas materiais, as présas, os regalos. Pedímoste que nos axudes a vivir cerca de Ti estes días e sempre.
Moisés foi escollido por Deus para liberar ao seu pobo da escravitude en Exipto. Este é un símbolo da liberación do pecado po-la chegada de Xesús ao mundo. Máis adiante, Deus dálle os dez mandamentos a Moisés no monte Sinaí, cos que nos amosa o camiño para a salvación e ábrese unha luz na vida dos homes.
Acéndese a terceira vela, que representa o amor de Xesús po-los homes.
Oración: Pedímoste Señor nos axudes a cumprir cos teus mandamentos para poder achegarnos a Ti durante toda a nosa vida.
Canción suxerida: Allanad los caminos.
Coa mensaxe que o anxo leva a María faise realidade a promesa de salvación aos homes. Grazas ao seu “Si” puidéronse levar a cabo os plans de Deus para o mundo.
Acéndese a cuarta vela que representa a chegada de Cristo aos corazóns.
Oración: Señor, pedímoste nos axudes a estar sempre dispostos a dar un “Si” ao que nos pidas nas nosas vidas.